389 utenti


Libri.itLILLI E MOSTROPUPAZZOLO 2KINTSUGITILÙ BLU VUOLE BENE AL SUO PAPÀDINO PARK vol. 2TILÙ BLU VUOLE BENE ALLA SUA MAMMA
Emergency

Fai un link ad Arcoiris Tv

Fai un link ad Arcoiris Tv

Utilizza uno dei nostri banner!












Tutti i filmati di Deputación de Pontevedra

Totale: 26

A crítica de La Script: cine, series, premios e festivais. As mulleres que opinan son perigosas

María Guerra, xornalista e crítica de cine, fala da imposición da mirada masculina, da limitación que supón que máis do 90% das películas sexan realizadas por homes e da invisibilización á que se somete ás xornalistas de máis de cincuenta anos nos medios.

Maternidade e poder: Escravitude ou revolución. As mulleres que opinan son perigosas

A xornalista e escritora Nuria Labari fala sobre os mitos que rodean a maternidade e o seu lugar periférico como materia obxecto de pensamento sen deixar de ironizar acerca dos estereotipos que se lle impoñen ás mulleres.

'A opinión máis alá da actualidade. A lixeireza' por Rosa Montero, o 2 de marzo de 2018

Rosa Montero é xornalista e escritora. Desde finais de 1976 traballa de maneira exclusiva para o diario El País. A súa obra foi traducida a máis de vinte idiomas, é Doutora Honoris Causa pola Universidade de Porto Rico e Premio Internacional Columnistas do Mundo 2014.

Activismo e influencia: opinión con perspectiva feminista para Instagram. As mulleres que opinan

Sindy Takanashi, creadora de contigo e divulgadora feminista conta a súa experiencia persoal como vítima de malos tratos e explotación sexual e denuncia a violencia machista contra as mulleres nas redes.

Coloquio 'A maternidade na opinión mediática. Mulleres saíndo do lado escuro', o 3 de marzo de 2018

Hai mulleres columnistas, que escriben, que opinan, que abren blogues para posicionarse sobre a actualidade e a realidade na que viven, hai mulleres que dirixen medios e hai mulleres que introducen na axenda mediática temas e voces silenciados durante anos. María Varela, Fernanda Tabarés, Inma López Silva e Celia Blanco constitúen esta mesa de debate.

'Dentadas e tacóns. Mulleres opinando sobre sexo' por Celia Blanco, o 3 de marzo de 2018

Celia Blanco é xornalista e colabora con El País no blog #LASCOSASDELATANA. Dirixe e presenta o programa 'Contigo dentro' na Cadena SER.

'Escribir con dor. A diversidade funcional na axenda mediática' por Anita Botwin, o 3 de marzo

Anita Botwin é xornalista e guionista de series e programas de televisión. Actualmente escribe sobre diversidade funcional, feminismo e sexualidade.

'Opinión ilustrada. Mulleres que debuxan pensamentos' por Emma Gascó, o 3 de marzo de 2018

Enma Gascó é ilustradora e deseñadora. Traballou como freelance no ámbito da redacción e a ilustración/deseño gráfico en Diagonal, Público, eldiario.es, Números Rojos, El Ecologista, Pikara Magazine e Otramérica, entre outros.

'A opinión desde o eu. Do blog á prensa' por Diana López Varela, o 3 de marzo de 2018

Diana López Varela é xornalista e guionista. Actualmente compaxina o seu traballo de guionista no programa Land Rober Tunai Show (TVG) con colaboracións como columnista nos xornais Diario de Pontevedra e elnacional.cat.

'Hiperconectadas: a opinión en tempos de millenials' por Lucía Taboada, o 3 de marzo de 2018

Lucía Taboada é xornalista e traballa na Cadena Ser. Ademais, escribe na revista masculina GQ e suma máis de 100.000 seguidoras e seguidores en Twitter.